mércores, 22 de abril de 2020

AGASALLO DE BAÍA EDICIÓNS

Bos días!!

Hoxe traiovos o enorme agasallo que nos fai a EDITORIAL BAÍA. Con motivo deste confinamento  esta editorial liberou algún dos seus libros en galego para os poidamos disfrutar de forma gratuita.
Algunhas editoriais están liberando libros pero moi poucas nos están ofrecendo libros en galego así que desde aquí imos darlles as grazas e disfrutar estes fermosos libros.

DE 4 A 6 ANOS:


Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. 


  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións).
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta. 
  • O dragón comemedoRuAn (texto e ilustracións). 
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

PARA 7 E 8 ANOS:

  • A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). 
    Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.

  • O tempo do revés, María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.

PARA 9 E 11 ANOS:


  • Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.

  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). 
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

PARA MAIORES DE 12 ANOS:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). 
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.

  • A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.

GRAZAS BAÍA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.