martes, 14 de abril de 2020

DE VOLTA!!

Ola rapaces!!
Que tal estes días de descanso???  Ben???
Espero que estedes disfrutando da vosa familia!!
Eu estiven facendo algo de turismo pero desde a casiña ehhh!! Non vaiades pensar que me saltei as normas!!
Atopei a forma de visitar algún museo pero sen salir da casa.
Escoitastes  falar do MUSEO DO PRADO??? Si!! Ese mesmo!! Unha das mellores pinacotecas do mundo e está en Madrid. E agora podemos disfrutar dunha visita a este fermoso museo.
Parécevos se o visitamos??
Primeiro imos ver un pequeño vídeo explicativo para coñecer un pouquiño este maravilloso museo e para coñecer á quen será a nosa guía. Imos alá!

Agora que coñecedes á Infanta Margarita, a nena máis coñecida do museo e a nosa guía a partir de agora , vai a falarnos agora dunha das obras máis importantes do Museo: AS MENINAS de DIEGO VELÁZQUEZ. Xente de todo o mundo visita o Prado para ver esta obra. Queredes aprender un poquiño máis sobre ela??


Que tal?? Gustouvos??
Non vos parece xenial aprender tanto de arte sen saír da casa??
Que vos parece se mañá volvemos ao Prado??? Ben?
Pois mañá máis, logo!!
Para despedirme quería deixarvos outra sorpresa!
Un conto!! Pero un conto moi especial: Titúlase O PEQUENO INDIO e está escrito por Ricardo Alcántara e ilustrado por Gusti. Nesta ocasión cóntanos o conto un amiguiño moi coñecido. Chámase PACO NOGUEIRAS e de seguro que o coñecedes polas súas cancións.
Pincha na imaxe para disfrutalo!!
http://www.kalandraka.tv/gl/video/pacocontaindio


Vémonos mañá, rapaces!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.