xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020


Rapazas! Rapaces!

HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!


E queremos conmemoralo homenaxeando ao escritor Gianni Rodari pois este ano celébrase o centenario do seu nacemento. 
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do noso centro presentamos un proxecto colaborativo de audionarracións feito polo profesorado e por representantes da comunidade educativa para facerlle unha pequena homenaxe neste día.

Gianni Rodari (1920 - 1980). Escritor, mestre, pegagogo italiano, xornalista… en todas as súas facetas crea actividades para estimular e provocar na rapazada a entrada nun mundo de imaxinación creadora.  Recibiu o Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen en 1970.
Entre os seus libros destacan a: Gramática da fantasía, Veinte historias más una, Confundindo historias, Era dúas veces o barón Lamberto, O homiño da chuvia, Contos á máquina, Animais sen zoo, O camiño que non ía a ninguha parte, Contos por teléfono...

Nestes días, as nosas comunicacións coa familia e amizades son a través dos dispositivos móbiles ou ordenadores e non podemos deixar de lembrarnos do Sr. Bianchi protagonista do seu libro “Contos por teléfono” que pola súa profesión de viaxante de comercio apenas podía estar na casa. Iso non foi obstáculo para que cada noite, ás nove en punto, telefonara a súa filla para contarlle un pequeno conto. A filla sempre esperaba ilusionada o conto de cada noite e din que las telefonistas suspendían todas as chamadas para escoitar os seus contos, porque algúns eran tan bonitos...

Propoñemosche como homenaxe a Rodari escoitar hoxe un dos seus contos por teléfono.


  • Era unha vez... (Introducción)  
      Sol (mestra de Audición e Linguaxe)

Estade atentos ao blog!. Esta tarde publicaremos os primeiros contos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.