DÍA DO LIBRO 2020 CONTOS POR TELÉFONODE GIANNI RODARI Seguimos gozando coas audionarracións feitas polo profesorado da nosa escola. 5. A ESTRADA DE CHOCOLATE Asun (mestra de educación primaria) 6. OS HOMES DE MANTEIGA Chus Blanco (teacher)
PARA SABER MÁIS Fai clic no seguinte enlace para consultar a biografía deGianni Rodari.
Rapazas! Rapaces! HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!
E queremos conmemoralo homenaxeando ao escritor Gianni Rodari pois este ano celébrase o centenario do seu nacemento.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do noso centro presentamos un proxecto colaborativo de audionarracións feito polo profesorado e por representantes da comunidade educativa para facerlle unha pequena homenaxe neste día.
Gianni Rodari (1920 - 1980). Escritor, mestre, pegagogo italiano, xornalista… en todas as súas facetas crea actividades para estimular e provocar na rapazada a entrada nun mundo de imaxinación creadora. Recibiu o Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen en 1970.
Entre os seus libros destacan a: Gramática da fantasía, Veinte historias más una, Confundindo historias, Era dúas veces o barón Lamberto, O homiño da chuvia, Contos á máquina, Animais sen zoo, O camiño que non ía a ninguha parte, Contos por teléfono...
Nestes días, as nosas comunicacións coa familia e amizades son a través dos dispositivos móbiles ou ordenadores e non podemos deixar de lembrarnos do Sr. Bianchi protagonista do seu libro “Contos por teléfono” que pola súa profesión de viaxante de comercio apenas podía estar na casa. Iso non foi obstáculo para que cada noite, ás nove en punto, telefonara a súa filla para contarlle un pequeno conto. A filla sempre esperaba ilusionada o conto de cada noite e din que las telefonistas suspendían todas as chamadas para escoitar os seus contos, porque algúns eran tan bonitos...
Propoñemosche como homenaxe a Rodari escoitar hoxe un dos seus contos por teléfono.
Era unha vez... (Introducción)
Sol (mestra de Audición e Linguaxe)
Estade atentos ao blog!. Esta tarde publicaremos os primeiros contos.
Hoxe traiovos o enorme agasallo que nos fai aEDITORIAL BAÍA. Con motivo deste confinamento esta editorial liberou algún dos seus libros en galego para os poidamos disfrutar de forma gratuita.
Algunhas editoriais están liberando libros pero moi poucas nos están ofrecendo libros en galego así que desde aquí imos darlles as grazas e disfrutar estes fermosos libros.
Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación.
Un día de treboada, de María de Mata eMariana Riestra(ilustracións).
Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.
Hoxe traiovos una idea para facer un pequeño traballiño de plástica. Moitos de vós seguro que xa coñecedes esta técnica. Chámase PUNTILLISMO.
É moi divertida e interesante e con ela podedes facer unhas estupendas obras de arte!
Probamos??
Bos días!! Que tal o fin de semana? Un pouco chuvioso ehhh?
Hoxe traiovos un novo conto! Titúlase UN BECHO ESTRAÑO escrito por Mon Daporta e ilustrado por Óscar Villán que hoxe nos conta una contadora de contos que se chama Sara Lebedyski.
"Mira que mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco…"
Que será o becho que se agocha entre as páxinas deste conto sen fin?
Pero tamén vos traio unha cousiña máis: unha curtametraxe titulada "Anna".
A ver se esta historia vos recorda a algunha outra que xa coñecedes!
Hoxe teño algo diferente para vós.
Teño o último número da revista PAPAGAIO para que poidades ler desde aquí! Non é xenial!!
Aquí vola deixo para que a podades disfrutar!
Hoxe levanteime pensando en todos os rapaces do cole interesados nos inventos e nos inventores.
E lembreime dunha serie moi chula que xa ten un anos pero que segue a ser moi interesante por todo o que podedes aprender nela. Titúlase ÉRASE UNA VEZ... LOS INVENTORES.
Hoxe vouvos a poñer aquí o primeiro capítulo fala da historia dos primeiros inventos e do avanzada que era a cultura chinesa na antigüidade.
E para os máis pequenos traiovos outro contiño. Titúlase ROSA CARAMELO e está escrito por Adela Turín e nesta ocasión a contacontos chámase Sandra Senra e é libreira.
Hoxe imos volver ao Prado para coñecer outro cadro: A FRAGUA DE VULCANO, unha obra do mesmo pintor que a de onte: DIEGO VELÁZQUEZ. Nesta obra os protagonistas pertencen á mitoloxía clásica. Un era o deus do lume e o outro era o deus do sol. Como se chamaban?
Mirade o vídeo para averígualo!
E para rematar, hoxe quería ensinarvos a debuxar uns meniños moi fáciles de facer, xa veredes!!
E se xa estades no nivel experto, déixovos este debuxiño dun personaxe que coñecedes ben pero que é un pouquiño máis complicado. Veña!! Probade!
Eu estiven facendo algo de turismo pero desde a casiña ehhh!! Non vaiades pensar que me saltei as normas!!
Atopei a forma de visitar algún museo pero sen salir da casa.
Escoitastes falar do MUSEO DO PRADO??? Si!! Ese mesmo!! Unha das mellores pinacotecas do mundo e está en Madrid. E agora podemos disfrutar dunha visita a este fermoso museo.
Parécevos se o visitamos??
Primeiro imos ver un pequeño vídeo explicativo para coñecer un pouquiño este maravilloso museo e para coñecer á quen será a nosa guía. Imos alá!
Agora que coñecedes á Infanta Margarita, a nena máis coñecida do museo e a nosa guía a partir de agora , vai a falarnos agora dunha das obras máis importantes do Museo: AS MENINAS de DIEGO VELÁZQUEZ. Xente de todo o mundo visita o Prado para ver esta obra. Queredes aprender un poquiño máis sobre ela??
Que tal?? Gustouvos??
Non vos parece xenial aprender tanto de arte sen saír da casa??
Que vos parece se mañá volvemos ao Prado??? Ben?
Pois mañá máis, logo!!
Para despedirme quería deixarvos outra sorpresa!
Un conto!! Pero un conto moi especial: Titúlase O PEQUENO INDIOe está escrito por Ricardo Alcántara e ilustrado por Gusti. Nesta ocasión cóntanos o conto un amiguiño moi coñecido. Chámase PACO NOGUEIRAS e de seguro que o coñecedes polas súas cancións.
Hoxe estamos de noraboa! O día 2 de abril celebramos o DÍA INTERNCIONAL DO LIBRO INFANTIL conmemorando a data do nacemento de Hans Christian Andersen. E este que vedes aquí abaixo é o cartel conmemoriativo patrocinado este ano desde Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai ilustrada por Damijan Stepancic que leva como lema FAME DE PALABRAS.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a traducción ao galego de Héctor Cajaravile.
Pinchade AQUÍ para lela.
Como xa vos contei máis arriba escolleuse esta data para celebrar o Día Internacional do libro infantil por ser a data de nacemento dun dos máis coñecidos escritores de contos infantís.
Hans Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o Parrulo Feo, Pulgariña, o Soldadiño de Chumbo ou a Sereiña que estou seguro de que todos lestes e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor dedicado á literatura infantil e coñecido nos cinco continentes e os seus libros foron traducido a máis de oitenta idiomas.
Que vos parece lembrar algún dos seus contos máis famosos?
A Xunta da Galicia abriu ao público todo o seu catálogo dixital (máis de 4500 obras).
A través plataforma GALICIALE poderás acceder en préstamo a todos os contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que inclúe libros en galego e en castelán pero tamén noutras linguas, máis de 300 obras audiovisuais galegas e todas as publicacións de 31 revistas.
Neste vídeo que vos poño explícanvos como podedes acceder. Avisade aos vosos pais e dádelle o play. Tomade nota de cales son os pasos. E despois xa sabedes!!!
Funciona coma a nosa biblio, elixides o que queredes e solicitades o empréstito.
Unha biblio á nosa disposición e sen saír da casa!!