martes, 24 de marzo de 2020

O LOBO: DOCUMENTAL E DEBUXO

Bos días a todas e todos!!

Cóntovos una cousiña?

Onte pola noite quedeime durmido lendo un conto no que había un lobo e tiven un pesadelo: o lobo do conto queriame comer!
 
Así que, hoxe, propúxenme coñecer mellor aos lobos porque din que os medos hai que espantalos para que nos deixen vivir tranquilos e pensei que a mellor forma de facelo é con coñecementos.
 
Imos aprender cousas sobre os lobos para que ninguén lles teña medo e para que incluso aprendamos que poden ser uns animaliños adorables.
 
Estades listos??
 
 

 
 
E agora que xa sabedes moitísimo sobre os lobos, apetécevos aprender a debuxar un? Mirade que doado é.
 

 
 

luns, 23 de marzo de 2020

CONTIDOS EDUCATIVOS EN ABERTO

A partir de hoxe, podedes acceder a unha iniciativa chamada Aprendemos na casa que permitirá a rapazas e rapaces de entre 6 e 16 anos aprender unha chea de cousas sen saír da casa.
https://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/tve-clan/5466990/

Trátase dunha programación especial de 5 horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Aquí vos deixamos o horario:


Buscade a vosa idade e o canal e poñede a alarma nos vosos reloxos para non esquecer a que hora tedes que encender as vosas teles.

A Televisión  de Galicia TVG tamén emite dende o hoxe un bloque de programación educativa pola súa segunda canle TVG2 entre as 11:00 e as 13:00 en colaboración coa Consellería de Educación. Poderedes disfrutar de programas como " Aquelando" con experiementos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que estudamos no cole.
Tamén poderedes disfrutar de series divulgativas de series clásicas como "Érase una vez... o home" e "Érase una vez... os exploradores" nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos.
O programa "Criaturas" permitiravos disfutar e aprender moitísimas cousas sobre o medio naturale os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou a labor que desenvolven os veterinarios, entre outras.
http://www.crtvg.es/tvg/programacion/canle/tvg2/data/24-03-2020
Disfruta e aprende a través destes dous canles de televisión: TVG2 (da TVG) e CLAN (TVE)

Unha forte aperta.

A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O NENO TERRIBLE

Bos días rapaces e rapazas!

Aquí estou de novo cunha nova historia que contarvos!

Esta vez titúlase A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O NENO TERRIBLE inspirada no libro "A incrible historia da nenapaxaro e o galopín" publicada por OQO Editorial e escrita por Anna Castagnoli

Pincha sobre a imaxe e logo dalle ao Play para disfrutala!

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-1-a-incrible-historia-da-nenapaxaro-e-o-neno-terrible
 
 
E agora propóñovos una pequeña manualidade: imos facer un paxariño de papel. Que vos parece? Atrevédesvos?
 

 
            

domingo, 22 de marzo de 2020

DÍA DA AUGA

Ola pequenos e pequenas!!

Hoxe domingo, chegamos ao final dunha semana un pouco peculiar e estraña para todos/as nós. Pero sabedes que? Hoxe, domingo 22 de marzo, tamén se celebra o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
E preguntarédesvos... por que se lle dedica un día especial a este elemento?
 
A auga é un ben moi prezado, pois é fundamental para a vida na terra, sen ela non existiría ningún ser vivo; por iso se pode decir que: "sen auga non hai vida". Polo tanto é moi importante facer un uso responsable e non malgastala. Aforrar auga é salvar o planeta! Está nas túas mans coidar e protexer este recurso natural tan importante.
Deixámosvos a continuación algunhas accións que podedes levar a cabo para coidar a auga do planeta.

Xa as levas a cabo no teu fogar? Coñeces alguna máis que poida ser útil?

Podedes poñer o voso inxeño e creatividade a funcionar e crear un cartel no que se promova o aforro de auga e enviárnolo ao correo: bibliotecaroxos@gmail.com . Con todas as propostas faremos una composición para dalas a coñecer a todo o colexio.
Arriba esa creatividade!!

Tamén vos quero deixar un vídeo da UNESCO para promover o coidado deste elemento tan importante para o noso planeta




E para rematar a semana da mellor forma posible propóñovos un exercicio de relaxación coa canción "Auga" de Magín Blanco. O exercicio consiste en deitarse nun lugar que vos resulta cómodo cun folio enriba da vosa barriguiña. Durante toda a canción debedes concentrarvos na vosa respiración comprobando en como entra e sae o aire e como fai que o folio se mova arriba e abaixo.
Intentámolo?
 

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA E DOS BOSQUES

Ola!!!!

Hoxe estou a mar de contento porque, a pesar de estar pechados na casa, temos un par de cousiñas que celebrar: hoxe é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
 
Así que imos celebralo, non??

Hai un traballiño que me gustaría compartir con vós. Trátase dunha pequeña recompilación de poemas galegos titulada A ÁRBORE FEITA POESÍA na que participou una amiguiña que temos en común vós máis eu. Espero que a disfrutedes porque ademais duns poemas preciosos ten unas imaxes impresionantes de bosques e árbores.
Pinchade na imaxe para disfruta esta recompilación.
https://issuu.com/marichoni/docs/a__rbore_feita_poes_a
 
Gustouvos??
 
Pois agora vouvos proponer algo!!
Que vos parece escribir un poema dedicado aos bosques ou ás árbores este fin de semana. Se mo enviades a meu correo bibliotecaroxos@gmail.com podo colgarvolo no blog e así compartilo con todos. Podedes ilústralo tamén.
 

 Parécevos??
 
Veña animádevos!!
 

venres, 20 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE 5 E CONTACONTOS

Bos días!! Aquí Lermiño de novo!

Onte foi o DÍA DO PAI e aínda que de seguro que o celebrastedes con el, eu hoxe quero facerlle una homenaxe a todos os pais que agora están coidando de vós. E vou facelo cun contacontos para os máis pequeniños que nos ofrecen desde a Editorial Kalandraka.
Ana Abeleira cóntanos un conto titulado P DE PAPÁ escrito por Isabel Martíns e Bernardo Carbalho.
Pinchade no imaxe para disfrutalo.

http://www.kalandraka.tv/gl/video/anaconta
 
 
E agora a curtametraxe de hoy. Titúlase REACH
O protagonista viaxa a través do deserto case moribundo, en busca de auga. Pero cando atopa o seu ansiado tesouro fai algo que...
Case mellor que o vexades vós!
 

 

 
 
 
 
 

xoves, 19 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE 4 E CONTACONTOS

Bos días de novo rapaces!!

Hoxe tráiovos outra incrible curta de Pixar titulada PARTLY CLOUDY.
 Os protagonistas son una nube e unha cegoña, que tras ter traballado xuntas creando e levando bebés a mans dos seus pais, entablan amizade sinceira, capaz de superar os obstáculos máis difíciles.


 
E que contacontos imos disfrutar hoxe?
Xosé Ballesteros cóntanos unha historia fermosa da Editorial Kalandraka titulada O COELLIÑO BRANCO que el mesmo adaptou en base a un conto popular portugués ilustrado por Oscar Villán.
Cando o coellíño ía coller coles á horata para facer un caldiño, a cabra cabraza entrou na súa casa e deixouno fóra. Poderá o coelliño recuperar o seu fogar?
 
Pincha sobre a imaxe para disfrutalo.

http://www.kalandraka.tv/gl/video/ballesconta
 
 

mércores, 18 de marzo de 2020

APRENDEMOS A DEBUXAR??

Estaba pensando eu agora mesmo que non podemos esquecernos de esa materia que tanto vos gusta e que nunca queredes perdervos: Educación Plástica.
 
E se practicamos un pouco o de debuxar. Que vos parece a idea?
 
Pero podemos facelo seguindo uns pasiños sinxelos e xa veredes como ides alucinar co doado que pode ser. Pinchade enriba da imaxe e accederedes a un enlace onde podedes aprender a debuxar non só gatos, se non tamén paxaros, peixes, xirafas, abellas, ovellas, cans, bufos, paiasos, tartarugas, pitiños, hipopótamos, monos, coellos, baleas, á Dora a exploradora e incluso a Papá Noel. Animádesvos??
 
https://dibujoypintura.net/imagenes/dibujos-faciles-de-hacer-paso-a-paso-para-ninos/
 
O de darlle cor xa corre a conta vosa, vale?
 

CURTAMETRAXE 3 E CONTACONTOS

Bos días amiguiños e amiguiñas!!

Aquí estou de novo e hoxe traiovos unha nova e preciosa curta de Pixar titulada PIPER.
O seu protagonista é un paxariño con medo a abandoar o seu niño e aventurarse a cazar ameixas na praia. É una historia que fará que reflexionedes sobre a importancia de superar os nosos medos, porque medos témolos todos. Os adultos tamén. Non o esquezades.
 
 
E tamén teño reservada outra cousiña para vós.
Que vos parece un contacontos? Boa idea verdade??
Bea Campos cóntanos unha historia fermosa da Editorial Kalandraka titulada O POLIÑO DA AVEILEIRA escrito por Antonio Rubio.
Pincha sobre a imaxe para disfrutalo
 
http://www.kalandraka.tv/gl/video/beaconta
 

martes, 17 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE Nº 2 E UNHA LECTURA

Bos días!

Hoxe traigovos una nova curta. Esta titúlase "El pequeño zapatero".  Espero que vos guste!


 
Tamén quero compartir con vós unha pequena lectura para que entendades mellor todo este problema que estamos vivindo do Coronavirus. Titulase "Rosa contra el virus" e está promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid. Pincha na imaxe para lelo.

https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta
 


luns, 16 de marzo de 2020

CURTAMETRAXES PARA FACER MÁIS LEVADEIROS ESTES MOMENTOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Son Lermiño!!

Seica estes días están ser moi especiais porque non podemos saír da casa. Eu tamén estou metido na miña casiña sen saír (xa sabedes vivo na nosa biblioteca), pois aínda que no monte  o aire é moi puro, alí tamén poden chegar os virus se me atopo con alguén.

Vou aproveitar para ler moitos contos, historias ou libros informativos e espero que vós fagades o mesmo.  
Como sei que vos gustan moito as curtametraxes de animación, vou colgarvos aquí no blog algunha todos os días. Parécevos boa idea?

Pois imos a empezar por a primeira curta. Titúlase Invisible. Espero que vos guste!

domingo, 17 de novembro de 2019

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola a todas e todos!!

Aproxímase una data moi importante no noso calendario: a celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999.

Aquí vos deixo una Recompilación de Recursos que podedes empregar nas aulas para traballar este tema.

Espero que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa do noso cole:

Pincha sobre a imaxe para acceder a eles.

 

domingo, 27 de outubro de 2019

SAMAÍN

Chegou o outono, e con el, o tempo das castañas, da vendimia, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Neste enlace de Pinterest que vos deixo máis aquí debaixo tedes un feixe de libros que constitúen un verdadeiro RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO.
Algúns deles atoparedelos na exposición de libros de medo que con motivo do Samaín organizou a biblioteca. 
Disfrutádeos!!!
Follow Asun García's board O re-me do contra o aburrimento on Pinterest.

E para profes e familias poñemos a vosa disposición unha recompilación de recursos para disfrutar do Samaín.
Aproveitádea pinchando sobre a imaxe!!

mércores, 23 de outubro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá 24 de outubro celébrase o "Día da Biblioteca".
 
O Día da Biblioteca xurdiu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997 e desde entón vence celebrando e toda España
 
 
Cada ano, a Asociación encarga a dúas persoas a elaboración dun pregón e dun cartel para conmemorar esta data.

 
Nesta ocasión o cartel foi deseñado polo ilustrador alicantino Miguel Calatayud, e o pregón foi escrito pola valenciá Gemma Pasqual, texto que traduciu ao galego Héctor Cajaraville.

Estou encantado de compatir con vós este fermoso cartel:



E por suposto déixovos o pregón deste ano para que poidamos lelo mañá todos xuntos :

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

TEXTO: Miguel Calatayud
TRADUCIÓN: Héctor Cajaraville

martes, 19 de decembro de 2017

GUÍA DE LECTURAS DO NADAL

Estás pensando en escribir xa a carta para o Apalpador, ou para os Reis Magos, ou para Papá Noel???
Pois non te esquezas de engadir no teu pedido algún libriño. Son o mellor agasallo do mundo.

Nesta Guía poderás escoller entre unha chea de libros e incluso, algúns, son libros con música!!!

Hai libros para todas as idades e gustos!!
Libros para ti, libros para o teu irmán ou irmá, libros para os teus curmáns, libros para papá e mamá...

Dedica un tempiño para mirar polo miúdo esta guía e escoller o que máis che gusta.

Estou seguro de que se te portaches ben, o teu agasallo chegará. Pero lembra non facer unha lista moi longa porque todos os nenos e nenas do mundo merecen un agasallo e todo non no lo poden traer.


martes, 12 de decembro de 2017

CANTIGA DO APLAPADOR

Aquí temos a canción que se corresponde coa letra da cantiga que lestes no díptico explicativo do Alpapador. Cantámola na clase? Outra canción sobre o Apalpador

QUEN É O APALPADOR??

De seguro escoitaches falar do Apalpador!! Din por ahí que este home deixa agasallos as nenas e aos nenos galegos polo Nadal. Será certo??

Queres saber saber máis sobre el?? 
Pois o que pon aquí abaixo para coñecelo mellor!!!
Pincha sobre o documento para velo máis grande.

martes, 17 de outubro de 2017

NOVAS DE LERMIÑO

Ola compañeiros
ola meus amigos,
saúdavos con entusiasmo
o voso amigo Lermiño.

Despois de moito tempo agardando,
despois de moito traballar
busquei un momentiño
 para un cousa vos comentar.

Aínda que temos pechadas as portas,
seguimos a pensar,
non nos esquecemos
que estamos no ano do mar.

Neste primeiro convite
queríamos animar
a que todos nos convirtamos
en xornalistas, para estudar o mar.

Escoitar escoitastes ben,
non é unha cousa calquera,
queremos que investiguedes
sobre os mares que ten a terrra.

A investigación deber ser boa,
debe ser bastante completa,
non pensedes que calquera cousa
servirá para a tarefa.

Pois non é pouca cousa,
o que vos estou a pedir,
con cada cousa investigada,
un artigo debes escribir.

O artigo unha vez rematado,
deberalo presentar,
os teus compañeiros e compañeiras
debernano disfrutar.

Despois vén a segunda parte
que será fenomenal
os artigos todos xuntos,
formarán o meu xornal.

Agardo que o comentado
vos anime un pouquiño
xa queda pouco para vernos,
o voso amigo...


xoves, 5 de outubro de 2017

COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA

     O Equipo de Biblioteca ven de elaborar unha Guía dirixida ás familias e titulada "COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA".

       A Guía será entregada ás familias que asistan ás reunións de principio de curso cos titores pero tamén queremos facela accesible desde aquí para todos os pais e nais que non puidesen asistir as reunións.

domingo, 24 de setembro de 2017

BENVIDA AO NOVO CURSO

Chegou o grande día
xa estamos aquí de volta
despois das vacacións
abrimos de novo a escola.

Canto vos botei de menos
que soíño aquí me vin,
avós tamén vos pasaría
teriades xa, gañas de vir.

Quería neste momento
facer un saúdo especial
para todas e todos os novos
a benvida quérovos dar.

Agora que non escoita ningúen
un segredo quero contar
a ninguén llo contedes aínda
este ano imos vivenciar o MAR.

Agora non adianto máis
xa veredes no seu momento
este ano a biblioteca
promete grande divertimento.

A biblioteca nuns meses
non ides poder usar
por mor da organización
terémola que pechar.

Por ser o primeiro día
teño que ser breve
desexarvos un grandísimo curso
unha aperta do voso amigo verme.