domingo, 22 de marzo de 2020

DÍA DA AUGA

Ola pequenos e pequenas!!

Hoxe domingo, chegamos ao final dunha semana un pouco peculiar e estraña para todos/as nós. Pero sabedes que? Hoxe, domingo 22 de marzo, tamén se celebra o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
E preguntarédesvos... por que se lle dedica un día especial a este elemento?
 
A auga é un ben moi prezado, pois é fundamental para a vida na terra, sen ela non existiría ningún ser vivo; por iso se pode decir que: "sen auga non hai vida". Polo tanto é moi importante facer un uso responsable e non malgastala. Aforrar auga é salvar o planeta! Está nas túas mans coidar e protexer este recurso natural tan importante.
Deixámosvos a continuación algunhas accións que podedes levar a cabo para coidar a auga do planeta.

Xa as levas a cabo no teu fogar? Coñeces alguna máis que poida ser útil?

Podedes poñer o voso inxeño e creatividade a funcionar e crear un cartel no que se promova o aforro de auga e enviárnolo ao correo: bibliotecaroxos@gmail.com . Con todas as propostas faremos una composición para dalas a coñecer a todo o colexio.
Arriba esa creatividade!!

Tamén vos quero deixar un vídeo da UNESCO para promover o coidado deste elemento tan importante para o noso planeta




E para rematar a semana da mellor forma posible propóñovos un exercicio de relaxación coa canción "Auga" de Magín Blanco. O exercicio consiste en deitarse nun lugar que vos resulta cómodo cun folio enriba da vosa barriguiña. Durante toda a canción debedes concentrarvos na vosa respiración comprobando en como entra e sae o aire e como fai que o folio se mova arriba e abaixo.
Intentámolo?
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.