Amosando publicacións coa etiqueta promoción da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta promoción da lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de decembro de 2017

GUÍA DE LECTURAS DO NADAL

Estás pensando en escribir xa a carta para o Apalpador, ou para os Reis Magos, ou para Papá Noel???
Pois non te esquezas de engadir no teu pedido algún libriño. Son o mellor agasallo do mundo.

Nesta Guía poderás escoller entre unha chea de libros e incluso, algúns, son libros con música!!!

Hai libros para todas as idades e gustos!!
Libros para ti, libros para o teu irmán ou irmá, libros para os teus curmáns, libros para papá e mamá...

Dedica un tempiño para mirar polo miúdo esta guía e escoller o que máis che gusta.

Estou seguro de que se te portaches ben, o teu agasallo chegará. Pero lembra non facer unha lista moi longa porque todos os nenos e nenas do mundo merecen un agasallo e todo non no lo poden traer.


xoves, 5 de outubro de 2017

COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA

     O Equipo de Biblioteca ven de elaborar unha Guía dirixida ás familias e titulada "COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA".

       A Guía será entregada ás familias que asistan ás reunións de principio de curso cos titores pero tamén queremos facela accesible desde aquí para todos os pais e nais que non puidesen asistir as reunións.

luns, 20 de febreiro de 2017

VENDAVAL DE CONTOS EN ROXOS

Ola rapaces!
Gustouvos o Vendaval de contos? Gustaríavos disfrutar doutro deste vendavais?

Non vos preocupedes que o repetiremos o último venres de cada mes.

Pero para os papás e mamás que non saibades que é esto do Vendaval de contos, ímovolo explicar.
O venres 17 no cole "sufrimos" un fortísimo vendava!... pero... de historias fermosas.
Ás 12 e media, durante a Hora de Ler, cada rapaz/a dirixiuse a a aula onde un/unha mestre/a ía ler un conto que el /ela escollera con antelación e do que xa tiña entrada sacada desde unha semana antes.
Nas aulas xuntáronse rapaces e rapazas de todas as idades e gustos pola lectura. Rapaces e rapaces de 6º ían escoitar contos ás aulas de Infantil e os rapaces de Infantil subían ás aulas de Primaria. Así todos revoltos disfrutamos das lecturas dos nosos profes.
Penso que os nosos nenos e nenas disfrutaron moito desta experiencia porque xa están preguntado cando a imos repetir.



bibliotecaroxos's VENDAVAL DE CONTOS album on Photobucket

luns, 30 de xaneiro de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E ENTREGA DO PREMIO AO GAÑADOR DO CONCURSO ROALD DALH

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole cantando unha canción todos xuntos. Trátase dun poema de Xosé Neira Vilas titulado "Cantarela dos nenos" e musicado polo grupo NA VIRADA no seu álbum Rolada das Cantigas.

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá
Deixovos o vídeo para que vexades todos o ben que cantamos.

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ NO CEIP DE ROXOS 2017 from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

Tamén quería compatir as fotos de todos os murais, decoracións e traballos que fixéstedes nas aulas para conmemorar un día tan especial como este.
Fixéstedes un traballo estupendo, rapaces!!
Estou alucinado dos traballos tan fermosos que fixestes. Sodes uns artistas!!!



Hoxe tamén se entregou o premio ao gañandor do CONCURSO ROALD DAHL, entregado por Susi, a coordinadora da biblioteca e a miña axudante persoal.
Para seleccionar ao gañador buscamos unha man inocente que nesta ocasión foi Aira de 5 anos.
Aquí abaixo vémola na foto escollendo cos olliños pechados ao noso gañador.



E o gañador foi.....

Carlos Gómez García de 5º A


Aquí o tedes na foto recollendo o seu premio con Aira e coa profe Susi.
FELICIDADES MIGUEL!!!!