Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de novembro de 2020

HOXE ROQUE RECOMÉNDANOS...

 Ola son Roque de 5º B e hoxe quería recomendarvos un libro titulado LA ISLA DEL TESORO escrito

por Robert Lewis Stevenson, ilustrado por Fréderic Simon e David Chauvel e publicado na editorial SM.

Aínda que é un libro de 139 páxinas é unha historia moi interesante que trata sobre un neno chamado Jim Hawkins cuxo pai ten unha pousada. Un día, un pirata iracundo nstálase nela e pouco despois morre. Jim descobre no seu cofre o mapa dun tesouro, o do famoso capitán Flint. Coa axuda dunha tripulación Jim embárcase nunha viaxe que pronto se converte nunha aventura...

Se queredes saber máis, lede o libro que, por certo, é un comic.

Aquí vos deixo o meu debuxo.

Bicos!




luns, 9 de novembro de 2020

HOXE SABELA RECOMÉNDANOS...

 Ola son Sabela de 5º B e a min gustaríame recomendarvos un libro que xa recomedou o meu compañeiro Roque. Trátase de MATILDA escrito por Roald Dahl e publicado por a editorial Alfaguara. 


Trata sobre unha nena con talentos extraordinarios que se terá que enfrontar aos seus pais e sobre todos á directora da súa escola xunto coa señorita Honey. 

A  min encantoue este libro porque é moi bonito e emocionante. Espero que vos animedes a lelo e que vos guste tanto coma min.

Adeus a todos!



venres, 6 de novembro de 2020

HOXE MARIO RECOMÉNDANOS...

 Ola son Mario de 5º B!


Eu quería recomendarvos un libro que se titula O MISTERIO DO LIXO MUTANTE escrito por Carlos Freire e publicado pola editorial Sushi Books.

É un libro cuns personaxes moi divertidos, sobre todo se che gustan os gatos. Aprendes moito sobre reciclaxe.

As historia que contan polo medio parecéronme un pouco aburridas pero o misterio foi moi divertido e cun final sorprendente.

A ver se a vós sorprende coma a min!

Déixovos un debuxo que fixen sobre o libro.




xoves, 5 de novembro de 2020

HOXE TEO RECOMÉNDANOS...

 Ola son Teo de 5º B! 

Eu quero recomendarvos o libro que acabo de ler: MAGDALENAS CON PROBLEMAS escrito por Ana Bergua e publicado por a editorial Proteus.

Vai dun neno moi tímido e reservado que se chama Pablo e que está sufrindo por culpa dunha panda de matóns os el chama: Cagón, Pollito e Carabola que lle rompen o pantalón, lle tiran bolas de papel, o insultan... Pero un día, unha receita de magdaleanas fai que todo cambie.

Estou seguro de que vos vai gustar.



luns, 2 de novembro de 2020

HOXE VALERIA RECOMÉNDANOS...

Ola!! Chámome Valeria e estou en 5º B. Quería recomendarvos un libro chamado "NATA E CHOCOLATE" escrito por Alicia Borrás e publicado pola editorial Anaya. 

Trata dunha nena que é albina e os seus compañeiros métense con ela por iso chamándolle "natita" e incluso, algúns compañeiros como Lola, obríganlle a facerlle os deberes. Pero chega unha profesora nova ao colexio disposta a cambiar a situación co axuda do seu fillo que se fai moi bo amigo de Sonia. O fillo da profe é un neno de color e comezan a chamarlle "chocolate".

Desde que ao amigo de Sonia lle chaman "chocolate" xa non lle molesta a que a ela lle chamen "natita".

Anívovos a lelo!





martes, 27 de outubro de 2020

HOXE ROQUE RECOMÉNDAVOS...

 Ola!! 

Chámome Roque, teño 10 anos e estou na clase de 5º B.


Hoxe quería recomendarvos un libro titulado MATILDA escrito por Roald Dahl e ilustrado por Quentin Blake. Ten 230 páxinas pero é un libro moi bonito que trata sobre unha nena chamada Matilda que sen ter cumprido os 5 anos xa leu toda a sección de libros infantís da Biblioteca Municipal. Os seus pais considérana unha inútil pero ela, farta de sufrir as súas queixas, decide vingarse. Pouco despois comeza a escola onde descobre unha cousa asombrosa....

Se queredes saber máis, lede o libro!!!

Déixovos o meu debuxo. 

Roque

martes, 7 de marzo de 2017

GUÍA DE LECTURAS MULLERES

Recién saidiña do forno, traigovos esta GUÍA DE LECTURA a que titulamos Mulleres e que preparamos na nosa biblioteca cunha chea de libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reinvindican a súa condición feminina apra vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste!








Pinchade sobre ela para vela ampliada a pantalla completa:

martes, 14 de febreiro de 2017

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS

Ola a todos!!
Son Lermiño!! Lembrádesvos?
Hoxe quero ensinarvos algo que fixeron os rapaces de 6º B para celebrar o Día dos Namorados. Decidiron aprender un poema da escritora Liliana Cinetto titulado "AMOR EN LA BIBLIOTECA" e logo gravárono en vídeo para poder compartilo con todos vós!!
A ver que vos parece!!!


AMOR EN LA BIBLIOTECA (6ºB) CEIP de Roxos from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

Gustouvos? É xenial, verdade!!! 

Moitísimas grazas rapaces/zas!! Sodes xeniais!!

Agora quero compartir con vós  unha lectura relacionada co tema que hoxe celebramos. Trátase dunha historia escrita por Daniela Kulot. Unha historia preciosa!


Se non atopades dispoñible este libro na biblioteca para lelo na casa, déixovos aquí a uns amiguiños que volo poden ler.

Espero que o disfrutásedes!

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS A TODOS!!

xoves, 9 de febreiro de 2017

EDUCACIÓN VIAL EN AMIO

     O martes día 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º achegáronse ao Recinto Ferial de Amio para realizar unha actividade de Educación Vial coa Policía Local de Santiago. Pasarano xenial !!! Todos eles protexidos con cascos, e depois de recibir unha clase teórica sobre como debemos comportarnos na vía pública e aprender algunhas normas e sinais moi importantes, puxeron en práctica o aprendido nun circuíto preparado polos membros da Policía Local que tan amablemente nos trataron.

    Había semáforos de verdade e pasos de cebra, kars e bicicletas e tamén compañeiros que se encargaban de vixiar que se respectasen as normas e sinais e que poñían multas se iso non era así.
Dende aquí queríamos agradecer á Policía Local de Santiago a súa colaboración e o exquisito trato que recibimos de todos eles.

Aquí podedes ver máis fotos:



Eu, Lermiño, o voso amigo da biblioteca, quero recomendarvos algúns libriños sobre Educación Vial que podedes ler pulsando sobre estas imaxes das súas portadas.

Disfrutádeos! Estou seguro de que vos van encantar!








Se queredes atopar outros libros sobre Seguridade Vial podes pinchar AQUÍ