Rapazas! Rapaces!
HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!
E queremos conmemoralo homenaxeando ao escritor Gianni Rodari pois este ano celébrase o centenario do seu nacemento.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do noso centro presentamos un proxecto colaborativo de audionarracións feito polo profesorado e por representantes da comunidade educativa para facerlle unha pequena homenaxe neste día.
Gianni Rodari (1920 - 1980). Escritor, mestre, pegagogo italiano, xornalista… en todas as súas facetas crea actividades para estimular e provocar na rapazada a entrada nun mundo de imaxinación creadora. Recibiu o Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen en 1970.
Entre os seus libros destacan a:
Gramática da fantasía, Veinte historias más una, Confundindo historias, Era dúas veces o barón Lamberto, O homiño da chuvia, Contos á máquina, Animais sen zoo, O camiño que non ía a ninguha parte, Contos por teléfono...
Nestes días, as nosas comunicacións coa familia e amizades son a través dos dispositivos móbiles ou ordenadores e non podemos deixar de lembrarnos do Sr. Bianchi protagonista do seu libro “
Contos por teléfono” que pola súa profesión de viaxante de comercio apenas podía estar na casa. Iso non foi obstáculo para que cada noite, ás nove en punto, telefonara a súa filla para contarlle un pequeno conto. A filla sempre esperaba ilusionada o conto de cada noite e din que las telefonistas suspendían todas as chamadas para escoitar os seus contos, porque algúns eran tan bonitos...
Propoñemosche como homenaxe a Rodari escoitar hoxe un dos seus contos por teléfono.
- Era unha vez... (Introducción)
Sol (mestra de Audición e Linguaxe)
Estade atentos ao blog!. Esta tarde publicaremos os primeiros contos.