venres, 15 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Pensa alguén para compartir unha audionarración.


17. CASAS E PALACIOS

Chus Pardiñas (mestra de Relixión e xefa de estudos)


mércores, 13 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Xa gravaches a túa narración?

Hoxe temos unha nova entrega.


16. ALICIA CAE AO MAR

Nini (mestra de pedagoxía terapéutica)


luns, 11 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Proposta para esta semana escribe unha historia, grava e comparte.

Hoxe unha nova entrega das nosas audionarracións.


15. A MERCA DA CIDADE DE ESTOCOLMO

NOA (mestra de Educación Primaria e especialista de Educación Física)


xoves, 7 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

E se ti creas a túa propia historia? 

Convidamoste a gravar unha historia inventada por ti e compartila cun compañeira ou compañeiro do cole.


14. O CANGAREXO NOVO
Mónica (mestra de Educación Primaria)


mércores, 6 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE GIANNI RODARI

Hoxe recibimos unha nova chamada con audionarración.


13. O ESPANTALLO

Juan (mestre de Educación Primaria)






luns, 4 de maio de 2020

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Moito xogo dan as audionarracións!

Fai un debuxo despois de escoitar o conto ou comeza unha nova historia para compartir.


















12. BRIF, BRAF, BRUF
Eva (mestra de Educación Infantil)

venres, 1 de maio de 2020

AUDIONARRACIÓNS DÍA DO LIBRO 2020


CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Hoxe un novo conto da mán de...




11. DITOS ANTIGOS

Isabel (mestra do PLAN PROA)

mércores, 29 de abril de 2020

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS DOS MESTRES 7

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Máis audionarracións. Hoxe toca...



10. O PAÍS CO DES DIANTE
Chus Vizoso (Mestra de Educación Primaria) 



martes, 28 de abril de 2020

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Seguimos gozando coas audionarracións. Cunha sorpresa... esta vez a voz é  de?



9. O RATO QUE COMÍA GATOS

Sandra (responsable de comedor) 



luns, 27 de abril de 2020

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS DOS MESTRES 5

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Seguinte audionarración das feitas polo profesorado da nosa escola.

 8. UNHA HISTORIA UNIVERSAL

Manuel (mestre de Educación Primaria)

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS DOS MESTRES 4

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Aquí tedes outra audionarración feitas polo profesorado da nosa escola.

 7. O PLANETA DA VERDADE

Olalla (mestra de Educación Infantil)

venres, 24 de abril de 2020

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI

Seguimos gozando coas audionarracións feitas polo profesorado da nosa escola.





 5. A ESTRADA DE CHOCOLATE

Asun (mestra de educación primaria)




6. OS HOMES DE MANTEIGA

Chus Blanco (teacher)




PARA SABER MÁIS

Fai clic no seguinte enlace para consultar a biografía de Gianni Rodari.


xoves, 23 de abril de 2020

CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS

DÍA DO LIBRO 2020  

CONTOS POR TELÉFONO DE  GIANNI RODARI













3. O PASEO DUN DISTRAÍDO

Rocío (mestra de educación primaria)




4. O PAÍS SEN PUNTA 

Patricia (teacher)


CONTOS POR TELÉFONO: AUDIONARRACIÓNS


DÍA DO LIBRO 2020  HOMENAXE A GIANNI RODARI




CONTOS POR TELÉFONO AUDIONARRACIÓNS

1. O CAZADOR DESVENTURADO - Sonia (mestra de educación infantil e familia).



2. O PALACIO XEADO - Eva (mestra de educación infantil).

DÍA DO LIBRO 2020


Rapazas! Rapaces!

HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!


E queremos conmemoralo homenaxeando ao escritor Gianni Rodari pois este ano celébrase o centenario do seu nacemento. 
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do noso centro presentamos un proxecto colaborativo de audionarracións feito polo profesorado e por representantes da comunidade educativa para facerlle unha pequena homenaxe neste día.

Gianni Rodari (1920 - 1980). Escritor, mestre, pegagogo italiano, xornalista… en todas as súas facetas crea actividades para estimular e provocar na rapazada a entrada nun mundo de imaxinación creadora.  Recibiu o Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen en 1970.
Entre os seus libros destacan a: Gramática da fantasía, Veinte historias más una, Confundindo historias, Era dúas veces o barón Lamberto, O homiño da chuvia, Contos á máquina, Animais sen zoo, O camiño que non ía a ninguha parte, Contos por teléfono...

Nestes días, as nosas comunicacións coa familia e amizades son a través dos dispositivos móbiles ou ordenadores e non podemos deixar de lembrarnos do Sr. Bianchi protagonista do seu libro “Contos por teléfono” que pola súa profesión de viaxante de comercio apenas podía estar na casa. Iso non foi obstáculo para que cada noite, ás nove en punto, telefonara a súa filla para contarlle un pequeno conto. A filla sempre esperaba ilusionada o conto de cada noite e din que las telefonistas suspendían todas as chamadas para escoitar os seus contos, porque algúns eran tan bonitos...

Propoñemosche como homenaxe a Rodari escoitar hoxe un dos seus contos por teléfono.


  • Era unha vez... (Introducción)  
      Sol (mestra de Audición e Linguaxe)

Estade atentos ao blog!. Esta tarde publicaremos os primeiros contos.

mércores, 22 de abril de 2020

AGASALLO DE BAÍA EDICIÓNS

Bos días!!

Hoxe traiovos o enorme agasallo que nos fai a EDITORIAL BAÍA. Con motivo deste confinamento  esta editorial liberou algún dos seus libros en galego para os poidamos disfrutar de forma gratuita.
Algunhas editoriais están liberando libros pero moi poucas nos están ofrecendo libros en galego así que desde aquí imos darlles as grazas e disfrutar estes fermosos libros.

DE 4 A 6 ANOS:


Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. 


  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións).
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta. 
  • O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). 
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

PARA 7 E 8 ANOS:

  • A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). 
    Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.

  • O tempo do revés, María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.

PARA 9 E 11 ANOS:


  • Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.

  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). 
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

PARA MAIORES DE 12 ANOS:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). 
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.

  • A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.

GRAZAS BAÍA!