domingo, 27 de outubro de 2019

SAMAÍN

Chegou o outono, e con el, o tempo das castañas, da vendimia, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Neste enlace de Pinterest que vos deixo máis aquí debaixo tedes un feixe de libros que constitúen un verdadeiro RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO.
Algúns deles atoparedelos na exposición de libros de medo que con motivo do Samaín organizou a biblioteca. 
Disfrutádeos!!!
Follow Asun García's board O re-me do contra o aburrimento on Pinterest.

E para profes e familias poñemos a vosa disposición unha recompilación de recursos para disfrutar do Samaín.
Aproveitádea pinchando sobre a imaxe!!

mércores, 23 de outubro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá 24 de outubro celébrase o "Día da Biblioteca".
 
O Día da Biblioteca xurdiu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997 e desde entón vence celebrando e toda España
 
 
Cada ano, a Asociación encarga a dúas persoas a elaboración dun pregón e dun cartel para conmemorar esta data.

 
Nesta ocasión o cartel foi deseñado polo ilustrador alicantino Miguel Calatayud, e o pregón foi escrito pola valenciá Gemma Pasqual, texto que traduciu ao galego Héctor Cajaraville.

Estou encantado de compatir con vós este fermoso cartel:



E por suposto déixovos o pregón deste ano para que poidamos lelo mañá todos xuntos :

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

TEXTO: Miguel Calatayud
TRADUCIÓN: Héctor Cajaraville

martes, 19 de decembro de 2017

GUÍA DE LECTURAS DO NADAL

Estás pensando en escribir xa a carta para o Apalpador, ou para os Reis Magos, ou para Papá Noel???
Pois non te esquezas de engadir no teu pedido algún libriño. Son o mellor agasallo do mundo.

Nesta Guía poderás escoller entre unha chea de libros e incluso, algúns, son libros con música!!!

Hai libros para todas as idades e gustos!!
Libros para ti, libros para o teu irmán ou irmá, libros para os teus curmáns, libros para papá e mamá...

Dedica un tempiño para mirar polo miúdo esta guía e escoller o que máis che gusta.

Estou seguro de que se te portaches ben, o teu agasallo chegará. Pero lembra non facer unha lista moi longa porque todos os nenos e nenas do mundo merecen un agasallo e todo non no lo poden traer.


martes, 12 de decembro de 2017

CANTIGA DO APLAPADOR

Aquí temos a canción que se corresponde coa letra da cantiga que lestes no díptico explicativo do Alpapador. Cantámola na clase? Outra canción sobre o Apalpador

QUEN É O APALPADOR??

De seguro escoitaches falar do Apalpador!! Din por ahí que este home deixa agasallos as nenas e aos nenos galegos polo Nadal. Será certo??

Queres saber saber máis sobre el?? 
Pois o que pon aquí abaixo para coñecelo mellor!!!
Pincha sobre o documento para velo máis grande.

martes, 17 de outubro de 2017

NOVAS DE LERMIÑO

Ola compañeiros
ola meus amigos,
saúdavos con entusiasmo
o voso amigo Lermiño.

Despois de moito tempo agardando,
despois de moito traballar
busquei un momentiño
 para un cousa vos comentar.

Aínda que temos pechadas as portas,
seguimos a pensar,
non nos esquecemos
que estamos no ano do mar.

Neste primeiro convite
queríamos animar
a que todos nos convirtamos
en xornalistas, para estudar o mar.

Escoitar escoitastes ben,
non é unha cousa calquera,
queremos que investiguedes
sobre os mares que ten a terrra.

A investigación deber ser boa,
debe ser bastante completa,
non pensedes que calquera cousa
servirá para a tarefa.

Pois non é pouca cousa,
o que vos estou a pedir,
con cada cousa investigada,
un artigo debes escribir.

O artigo unha vez rematado,
deberalo presentar,
os teus compañeiros e compañeiras
debernano disfrutar.

Despois vén a segunda parte
que será fenomenal
os artigos todos xuntos,
formarán o meu xornal.

Agardo que o comentado
vos anime un pouquiño
xa queda pouco para vernos,
o voso amigo...


xoves, 5 de outubro de 2017

COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA

     O Equipo de Biblioteca ven de elaborar unha Guía dirixida ás familias e titulada "COMO FOMENTAR A LECTURA DENDE A FAMILIA".

       A Guía será entregada ás familias que asistan ás reunións de principio de curso cos titores pero tamén queremos facela accesible desde aquí para todos os pais e nais que non puidesen asistir as reunións.

domingo, 24 de setembro de 2017

BENVIDA AO NOVO CURSO

Chegou o grande día
xa estamos aquí de volta
despois das vacacións
abrimos de novo a escola.

Canto vos botei de menos
que soíño aquí me vin,
avós tamén vos pasaría
teriades xa, gañas de vir.

Quería neste momento
facer un saúdo especial
para todas e todos os novos
a benvida quérovos dar.

Agora que non escoita ningúen
un segredo quero contar
a ninguén llo contedes aínda
este ano imos vivenciar o MAR.

Agora non adianto máis
xa veredes no seu momento
este ano a biblioteca
promete grande divertimento.

A biblioteca nuns meses
non ides poder usar
por mor da organización
terémola que pechar.

Por ser o primeiro día
teño que ser breve
desexarvos un grandísimo curso
unha aperta do voso amigo verme.


mércores, 5 de abril de 2017

CINEESFÉRICO

O mércores 5 de abril disfrutamos no centro da actividade CINEESFÉRICO onde se realizaron proxeccións interacctivas dentro dunha "Bola hinchable", na que vimos imaxes e películas en 360º (visionado do ceo estrelado, planetas, formación do sistema solar e otras películas adaptadas aos máis pequenos).
Aquí vos deixamos algunhas fotos e videos sobre esta actividade.
bibliotecaroxos's CINEESFERICO FOTOS album on Photobucket
CINEESFÉRICO 1 from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.
Cineesferérico 2 from bibliotecaroxos1 on Vimeo.

Cineesférico 3 from bibliotecaroxos1 on Vimeo.
cineesferico4 from bibliotecaroxos1 on Vimeo.

Dende a biblioteca queremos aproveitar para recomendarvos algún libriño relacionado cos vídeos que disfrutamos nesta actividade:


¡Mira debajo! El espacio
Editorial Usborne


El Universo
Colección Mi mundo
Editorial SM


La tierra y el cielo
Editorial SM


Atlas del espacio con mapas animados
Editorial SM


Cazadores de estrellas
Editorial SM

¿Por qué el planeta tierra es tan especial?
Editorial Juventud



Polvo de estrellas
Editorial Juventud

martes, 7 de marzo de 2017

GUÍA DE LECTURAS MULLERES

Recién saidiña do forno, traigovos esta GUÍA DE LECTURA a que titulamos Mulleres e que preparamos na nosa biblioteca cunha chea de libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reinvindican a súa condición feminina apra vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste!








Pinchade sobre ela para vela ampliada a pantalla completa:

luns, 6 de marzo de 2017

RECURSOS DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Pasado mañá, día 8 de marzo celebraremos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Se vos achegades ao noso cole veredes que xa levamos uns días traballando nunha exposición preciosa con fotos das mulleres das nosas familias traballando. Cando esté rematada poderedes ver fotografías da exposición aquí no blog. 
Mentres eu quero poñer a vosa disposición unha chea de recursos para traballar nas aulas e incluso para visitar na casa coas familias relacionados con estas celebracións. Pinchade sobre esta imaxe:


Se sodes usuarios da rede social PINTEREST tamén podedes consultar unha chea de literatura infantil e xuvenil que fala do papel das mulleres na nosa sociedade pinchando sobre esta outra imaxe. Atoparedes libros que son un auténtico tesouro:


E para rematar, non quero despedirme de vós sen deixarvos 2 vídeos. 

Un está basado na historia de e MARUXA unha muller de carácter que ven darnos unha lección moi importante. É unha historia para pequenos e non tan pequenos que estou seguro de que vos encantará. Está escrita por Eva Mejuto e publicada pola Editorial OQO.



O outro vídeo que vos deixo, gustariame que vos servese para reflexionar e como punto de arranque para un rico debate nas aulas das alumnas e alumnos con máis idade do centro. 


Seguiremos en contacto!!
Bicos



domingo, 26 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, no cole fixemos unha exposición cos datos máis relevantes da súa biografía.



Tamén ilustramos o fermosa poema Alborada entre toda a rapazada do colexio



Gústavos como quedou?

luns, 20 de febreiro de 2017

VENDAVAL DE CONTOS EN ROXOS

Ola rapaces!
Gustouvos o Vendaval de contos? Gustaríavos disfrutar doutro deste vendavais?

Non vos preocupedes que o repetiremos o último venres de cada mes.

Pero para os papás e mamás que non saibades que é esto do Vendaval de contos, ímovolo explicar.
O venres 17 no cole "sufrimos" un fortísimo vendava!... pero... de historias fermosas.
Ás 12 e media, durante a Hora de Ler, cada rapaz/a dirixiuse a a aula onde un/unha mestre/a ía ler un conto que el /ela escollera con antelación e do que xa tiña entrada sacada desde unha semana antes.
Nas aulas xuntáronse rapaces e rapazas de todas as idades e gustos pola lectura. Rapaces e rapaces de 6º ían escoitar contos ás aulas de Infantil e os rapaces de Infantil subían ás aulas de Primaria. Así todos revoltos disfrutamos das lecturas dos nosos profes.
Penso que os nosos nenos e nenas disfrutaron moito desta experiencia porque xa están preguntado cando a imos repetir.



bibliotecaroxos's VENDAVAL DE CONTOS album on Photobucket

martes, 14 de febreiro de 2017

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS

Ola a todos!!
Son Lermiño!! Lembrádesvos?
Hoxe quero ensinarvos algo que fixeron os rapaces de 6º B para celebrar o Día dos Namorados. Decidiron aprender un poema da escritora Liliana Cinetto titulado "AMOR EN LA BIBLIOTECA" e logo gravárono en vídeo para poder compartilo con todos vós!!
A ver que vos parece!!!


AMOR EN LA BIBLIOTECA (6ºB) CEIP de Roxos from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

Gustouvos? É xenial, verdade!!! 

Moitísimas grazas rapaces/zas!! Sodes xeniais!!

Agora quero compartir con vós  unha lectura relacionada co tema que hoxe celebramos. Trátase dunha historia escrita por Daniela Kulot. Unha historia preciosa!


Se non atopades dispoñible este libro na biblioteca para lelo na casa, déixovos aquí a uns amiguiños que volo poden ler.

Espero que o disfrutásedes!

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS A TODOS!!

xoves, 9 de febreiro de 2017

EDUCACIÓN VIAL EN AMIO

     O martes día 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º achegáronse ao Recinto Ferial de Amio para realizar unha actividade de Educación Vial coa Policía Local de Santiago. Pasarano xenial !!! Todos eles protexidos con cascos, e depois de recibir unha clase teórica sobre como debemos comportarnos na vía pública e aprender algunhas normas e sinais moi importantes, puxeron en práctica o aprendido nun circuíto preparado polos membros da Policía Local que tan amablemente nos trataron.

    Había semáforos de verdade e pasos de cebra, kars e bicicletas e tamén compañeiros que se encargaban de vixiar que se respectasen as normas e sinais e que poñían multas se iso non era así.
Dende aquí queríamos agradecer á Policía Local de Santiago a súa colaboración e o exquisito trato que recibimos de todos eles.

Aquí podedes ver máis fotos:



Eu, Lermiño, o voso amigo da biblioteca, quero recomendarvos algúns libriños sobre Educación Vial que podedes ler pulsando sobre estas imaxes das súas portadas.

Disfrutádeos! Estou seguro de que vos van encantar!








Se queredes atopar outros libros sobre Seguridade Vial podes pinchar AQUÍ


luns, 30 de xaneiro de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E ENTREGA DO PREMIO AO GAÑADOR DO CONCURSO ROALD DALH

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole cantando unha canción todos xuntos. Trátase dun poema de Xosé Neira Vilas titulado "Cantarela dos nenos" e musicado polo grupo NA VIRADA no seu álbum Rolada das Cantigas.

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá
Deixovos o vídeo para que vexades todos o ben que cantamos.

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ NO CEIP DE ROXOS 2017 from Biblioteca Escolar CEIP de Roxos on Vimeo.

Tamén quería compatir as fotos de todos os murais, decoracións e traballos que fixéstedes nas aulas para conmemorar un día tan especial como este.
Fixéstedes un traballo estupendo, rapaces!!
Estou alucinado dos traballos tan fermosos que fixestes. Sodes uns artistas!!!



Hoxe tamén se entregou o premio ao gañandor do CONCURSO ROALD DAHL, entregado por Susi, a coordinadora da biblioteca e a miña axudante persoal.
Para seleccionar ao gañador buscamos unha man inocente que nesta ocasión foi Aira de 5 anos.
Aquí abaixo vémola na foto escollendo cos olliños pechados ao noso gañador.



E o gañador foi.....

Carlos Gómez García de 5º A


Aquí o tedes na foto recollendo o seu premio con Aira e coa profe Susi.
FELICIDADES MIGUEL!!!!

luns, 24 de outubro de 2016

CONCURSO ROALD DAHL

Estes días estades vendo que, no vestíbulo do cole, hai unha exposición de libros de Roald Dahl, o autor do que celebramos o centenario do seu nacemento este ano. 
Hoxe, día 24 de outubro, a nosa Biblioteca convoca o CONCURSO ROALD DAHL. 
Se queredes participar tedes que facer un pequeno traballo de investigación sobre a súa biografía. 
Deberedes buscar a biografía de Roald Dahl na Wikipedia e, na ficha que vos deixamos un pouco máis abaixo (e que teredes cada un de vós), cubriredes os datos que se vos pide sobre a vida e obra de este recoñecido autor. 
Cando a teñades cuberta, poñédelle o nome e botádela na BUZÓN DE RESPOSTAS que estará habilitado no vestibulo. Tedes de prazo para entregar as vosas fichas ata o 23 de xaneiro. 
Entre os participantes, eu farei un sorteo para decidir o gañador entre aqueles que entregárades a ficha ben cuberta. A entrega do premio realizarase o 30 de xaneiro durante as celebracións do DÍA DA PAZ.

mércores, 19 de outubro de 2016

CENTENARIO DO NACEMENTO DE ROALD DAHL

Durante este ano 2016 celébrase o centenario do nacemento dun dos autores de literatura
infantil e xuvenil máis importantes do século XX. Seguro que a maioría de vós lestes algunha das súas fantásticas historias. Trátase de ROALD DAHL. 
Algunhas das súas novelas máis coñecidas son: "As bruxas", "Matilda, "Charlie e a fábrica de chocolate", "O xigante bonachón" e "A marabillosa medicina de George". Moitas delas foron levadas ao cine con gran éxito de taquilla.
O martes día 13 de setembro Roald Dahl cumpriría 100 anos. Escolas, librerías e bibliotecas celebraron a data do nacemento de este autor, que vendeu máis de 100 millóns de libros, por todo o mundo.
Quen non desexou ter os pederes mentales de Matilda? Ou entrar na colorida fábrica de Willy Wonka? Que rapaz rexeitaría agora repartir soños co xigante bonachón durante polo menos unha noite?
Finais inesperados e personaxes rebuldeiros e excéntricos que cuestionan a autoridade, e adultos, que a maior parte das veces, son meros cretinos.
Quenes disfrutamos coa lectura sabemos que esta permítenos "viaxar ao longo do mundo mentras estamos na nosa pequena habitación", como di Matilda, a protagonista dun dos libros máis exitosos de Roald Dahl.
Desde aquí quero lembrarvos que na biblioteca podedes atopar moitos exemplares dos seus libros. Animádevos a lelos porque estou seguro de que vos van a encantar.
Deixovos aquí as portadas dos libros de Roald Dahl para que vaiades escollendo cal queredes ler.