Ola!! Chámome Valeria e estou en 5º B. Quería recomendarvos un libro chamado "NATA E CHOCOLATE" escrito por Alicia Borrás e publicado pola editorial Anaya.
Trata dunha nena que é albina e os seus compañeiros métense con ela por iso chamándolle "natita" e incluso, algúns compañeiros como Lola, obríganlle a facerlle os deberes. Pero chega unha profesora nova ao colexio disposta a cambiar a situación co axuda do seu fillo que se fai moi bo amigo de Sonia. O fillo da profe é un neno de color e comezan a chamarlle "chocolate".Desde que ao amigo de Sonia lle chaman "chocolate" xa non lle molesta a que a ela lle chamen "natita".
Anívovos a lelo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.