Ola todos e todas!!
Xa estamos aquí de novo!!
Mañá celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS e pareceume un bonito momento para volver por aquí e saudarvos.
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
Como non podemos xuntarnos na biblioteca para celebrar este día e xa sabedes por que, gustaríame compartir este vídeo con vós. Está basado nun fermoso libro titulado: "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore" escrito por Willian Joice e publicado pola editorial Alfaguara.
Estou seguro de que vos vai encantar!
Feliz día a todos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.