Xa estou aquí de novo amiguiños e amiguiñas!!!
Xa estades levantados, aseados e almorzados? E tedes xa peiteados os vosos pelos?? Porque hoxe imos coñecer a historia da figueira de Pelos Tortos! E quen é Pelos Tortos??
Pois un personaxe moi peculiar que tiña unha figueira, jajaja!!
Xa veredes, xa veredes!! Atentos porque esta historia cóntannola os alumnos de CEIP DE COIRÓN e está basada nun libro publicado por a Editorial OQO escrito por Ana García Castellano e ilustrado por Mikel Mardones e que leva o mesmo nome: A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS
E agora un pouquiño de música!! Parécevos??
A música acompáñanos en todos os momentos da nosa vida, e neste tempo que nos toca vivir, é moi moi necesaria para levalo mellor. Desde a biblio, anímovos a buscar letras de cancións que nos den esperanza e que nos saquen un sorriso que compartamos entre todos.
Eu atoei este precioso tema de Rozalén e Estopa titulado VIVIR.
Cantades comigo??
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.