martes, 31 de marzo de 2020

A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS E UNHA CANCIÓN

Xa estou aquí de novo amiguiños e amiguiñas!!!

Xa estades levantados, aseados e almorzados? E tedes xa peiteados os vosos pelos?? Porque hoxe imos coñecer a historia da figueira de Pelos Tortos! E quen é Pelos Tortos??

Pois un personaxe moi peculiar que tiña unha figueira, jajaja!!

Xa veredes, xa veredes!! Atentos porque esta historia cóntannola os alumnos de CEIP DE COIRÓN e está basada nun libro publicado por a Editorial OQO escrito por Ana García Castellano e ilustrado por Mikel Mardones e que leva o mesmo nome: A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS





E agora un pouquiño de música!! Parécevos??
A música acompáñanos en todos os momentos da nosa vida, e neste tempo que nos toca vivir, é moi moi necesaria para levalo mellor. Desde a biblio, anímovos a buscar letras de cancións que nos den esperanza e que nos saquen un sorriso que compartamos entre todos.
Eu atoei este precioso tema de Rozalén e Estopa titulado VIVIR.
Cantades comigo??


luns, 30 de marzo de 2020

UN POUQUIÑO DE TEATRO E UNS LIBROS GRATUITOS

Bos días a todas e todos!!

Que tal o fin de semana?

O venres celebrouse o DÍA DO TEATRO. Así que hoxe traiovos un poquiño de teatro para que disfrutedes en familia.

A primeira obra titúlase "A GALIÑA AZUL" e está representada por Tanxarina Títeres , pinchade sobre a imaxe para disfrutala.


A segunda obra titúlase "LOS SIETE CABRITILLOS" e está representada pola Compañía Pupaclown


E para rematar traio tamén algo para os máis grandiños de vós. 
Trátase de libros gratuitos que se poden baixar da páxina de AMAZON e da páxina da EDITORIAL PLANETA para aqueles de vós que xa ledes en lectores de ebooks. Pinchade nas imaxes para descargalos.

O primeiro deles titulúase Cuenta conmigo. 


O segundo ben seguro que xa o coñecedes. Titúlase: Harry Potter y el cáliz de fuego


O terceiro sonaravos tamén: Crónicas de Narnia: el león, la bruja y el armario. 


O cuarto é tamén de alguén que coñecedes de sobra: Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton.


E o quinto titúlase: Tu diario de creatividad


venres, 27 de marzo de 2020

YOGA, CONTACONTOS E ARTE PARA HOXE

Bos días de novo!!!
Estamos todos??

Como xa levamos moitos días encerrados que vos parece se facemos un pouquiño de exercicio??
Xa sei que todos botades moito de menos as clases de Borja e de Noa pero como non podemos estar con eles eu propóñovos unha alternativa!!
YOGA PARA NENOS
Poñede algo de roupa cómoda e buscade un pouco de sitio pola casa. Non precisamos moito ehhh?
Non imos correr pero sí facer uns exercicios para estirar e relaxarnos un poquiño. 
Que? Animádesvos?



E despois do exercicio escoitamos un conto. Si??
Titúlase A cebra Camina e está escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Oscar Villán en Kalandraka.
Quen nolo vai contar chámase Loli Blanco e é unha libreira da Laracha.

Pincha na imaxe para escoitalo:


E hoxe para rematar teño algo para os artistas de máis idade.
Practicamos o Puntillismo?? Sabedes o que é?? Non?? Pois mirade o vídeo xa veredes como vos inspira para facer algunha obra de arte para regalarlles aos vosos pais.




xoves, 26 de marzo de 2020

A HISTORIA DE LOIDA FERNÁNDEZ

Bos días a todos!!!

Hoxe quero falarvos de algún moi especial.

LOIDA FERNÁNDEZ "Troskita" (Ribeira 1966) é moitas cousas: unha animadora sociocultural, actriz, profesora de teatro, maga... pero sobre todo é UNHA CONTACONTOS FANTÁSTICA.

Eu tomo nota do seu nome para ver se podemos coñecela algún día en persoa porque fixo un vídeo precioso para contarnos un conto precioso sobre esta situación que estamos vivindo. Un conto que podemos escoitar pero durante o cal tamén podemos facer algunhas figuras de papiroflexia. Un conto que vos sacará un sorriso.

Grazas por permitirnos disfrutar de este bonito conto, Loida!

Disfrutádeo amiguiños e amiguiñas! 


 

mércores, 25 de marzo de 2020

ASTERIX E OBELIX QUEDAN ORFOS

Bos días meus amiguiños e amiguiñas!!

Hoxe teño unha mala noticia que darvos.
 
Onte os nosos amigos Asterix e Obelix quedaron orfos. Por desgraza faleceu  ALBERT UDERZO creador xunto con René Goscinny dos galos máis famosos da historia e do planeta. Tiña 92 anos e NON faleceu polo coronarivurs. Disfrutou dunha longa vida e entregouse nos últimos anos a manter vivas as historias da aldea gala tras a morte de Goscinny en 1977 coa axuda de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri.
 
O pequeño Guerreiro de loiros bigotes e o seu barrigudo amigo rubio repartidor de menhires marcaron a súa vída durante seis décadas desde que saíron dos sus lápices e da mente do seu amigo Goscinny unha calorosa tarde do verán de 1959 no salón da súa casa ás aforas de París.
Ninguén entón imaxinaba que eses personaxes traspasarían linguas, culturas e xeracións como o desmostran 380 millóns de exemplares vendidos en 111 idiomas e dialectos.
Cando os xornalistas lle pregunta polo seu segredo do seu éxito, el contestba que non estaba seguro, que era como se lle preguntaran pola receta da poción máxica.
 
Foi un autodidacta, sabedes o que iso significa?? pois que aprendeu a debuxar por sí mesmo. Era un amante dos personaxes de Walt Disney e dende moi pequeno soubo que quería ser debuxante.
 
E para homenaxear a este home tan especial, que vos parece se disfrutamos das aventuras dos seus personaxes???

Xeracións e xeracións de nenos disfrutamos e seguiremos disfrutado con eles!!


martes, 24 de marzo de 2020

O LOBO: DOCUMENTAL E DEBUXO

Bos días a todas e todos!!

Cóntovos una cousiña?

Onte pola noite quedeime durmido lendo un conto no que había un lobo e tiven un pesadelo: o lobo do conto queriame comer!
 
Así que, hoxe, propúxenme coñecer mellor aos lobos porque din que os medos hai que espantalos para que nos deixen vivir tranquilos e pensei que a mellor forma de facelo é con coñecementos.
 
Imos aprender cousas sobre os lobos para que ninguén lles teña medo e para que incluso aprendamos que poden ser uns animaliños adorables.
 
Estades listos??
 
 

 
 
E agora que xa sabedes moitísimo sobre os lobos, apetécevos aprender a debuxar un? Mirade que doado é.
 

 
 

luns, 23 de marzo de 2020

CONTIDOS EDUCATIVOS EN ABERTO

A partir de hoxe, podedes acceder a unha iniciativa chamada Aprendemos na casa que permitirá a rapazas e rapaces de entre 6 e 16 anos aprender unha chea de cousas sen saír da casa.
https://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/tve-clan/5466990/

Trátase dunha programación especial de 5 horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Aquí vos deixamos o horario:


Buscade a vosa idade e o canal e poñede a alarma nos vosos reloxos para non esquecer a que hora tedes que encender as vosas teles.

A Televisión  de Galicia TVG tamén emite dende o hoxe un bloque de programación educativa pola súa segunda canle TVG2 entre as 11:00 e as 13:00 en colaboración coa Consellería de Educación. Poderedes disfrutar de programas como " Aquelando" con experiementos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que estudamos no cole.
Tamén poderedes disfrutar de series divulgativas de series clásicas como "Érase una vez... o home" e "Érase una vez... os exploradores" nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos.
O programa "Criaturas" permitiravos disfutar e aprender moitísimas cousas sobre o medio naturale os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou a labor que desenvolven os veterinarios, entre outras.
http://www.crtvg.es/tvg/programacion/canle/tvg2/data/24-03-2020
Disfruta e aprende a través destes dous canles de televisión: TVG2 (da TVG) e CLAN (TVE)

Unha forte aperta.

A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O NENO TERRIBLE

Bos días rapaces e rapazas!

Aquí estou de novo cunha nova historia que contarvos!

Esta vez titúlase A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O NENO TERRIBLE inspirada no libro "A incrible historia da nenapaxaro e o galopín" publicada por OQO Editorial e escrita por Anna Castagnoli

Pincha sobre a imaxe e logo dalle ao Play para disfrutala!

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-1-a-incrible-historia-da-nenapaxaro-e-o-neno-terrible
 
 
E agora propóñovos una pequeña manualidade: imos facer un paxariño de papel. Que vos parece? Atrevédesvos?
 

 
            

domingo, 22 de marzo de 2020

DÍA DA AUGA

Ola pequenos e pequenas!!

Hoxe domingo, chegamos ao final dunha semana un pouco peculiar e estraña para todos/as nós. Pero sabedes que? Hoxe, domingo 22 de marzo, tamén se celebra o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
E preguntarédesvos... por que se lle dedica un día especial a este elemento?
 
A auga é un ben moi prezado, pois é fundamental para a vida na terra, sen ela non existiría ningún ser vivo; por iso se pode decir que: "sen auga non hai vida". Polo tanto é moi importante facer un uso responsable e non malgastala. Aforrar auga é salvar o planeta! Está nas túas mans coidar e protexer este recurso natural tan importante.
Deixámosvos a continuación algunhas accións que podedes levar a cabo para coidar a auga do planeta.

Xa as levas a cabo no teu fogar? Coñeces alguna máis que poida ser útil?

Podedes poñer o voso inxeño e creatividade a funcionar e crear un cartel no que se promova o aforro de auga e enviárnolo ao correo: bibliotecaroxos@gmail.com . Con todas as propostas faremos una composición para dalas a coñecer a todo o colexio.
Arriba esa creatividade!!

Tamén vos quero deixar un vídeo da UNESCO para promover o coidado deste elemento tan importante para o noso planeta




E para rematar a semana da mellor forma posible propóñovos un exercicio de relaxación coa canción "Auga" de Magín Blanco. O exercicio consiste en deitarse nun lugar que vos resulta cómodo cun folio enriba da vosa barriguiña. Durante toda a canción debedes concentrarvos na vosa respiración comprobando en como entra e sae o aire e como fai que o folio se mova arriba e abaixo.
Intentámolo?
 

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA E DOS BOSQUES

Ola!!!!

Hoxe estou a mar de contento porque, a pesar de estar pechados na casa, temos un par de cousiñas que celebrar: hoxe é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
 
Así que imos celebralo, non??

Hai un traballiño que me gustaría compartir con vós. Trátase dunha pequeña recompilación de poemas galegos titulada A ÁRBORE FEITA POESÍA na que participou una amiguiña que temos en común vós máis eu. Espero que a disfrutedes porque ademais duns poemas preciosos ten unas imaxes impresionantes de bosques e árbores.
Pinchade na imaxe para disfruta esta recompilación.
https://issuu.com/marichoni/docs/a__rbore_feita_poes_a
 
Gustouvos??
 
Pois agora vouvos proponer algo!!
Que vos parece escribir un poema dedicado aos bosques ou ás árbores este fin de semana. Se mo enviades a meu correo bibliotecaroxos@gmail.com podo colgarvolo no blog e así compartilo con todos. Podedes ilústralo tamén.
 

 Parécevos??
 
Veña animádevos!!
 

venres, 20 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE 5 E CONTACONTOS

Bos días!! Aquí Lermiño de novo!

Onte foi o DÍA DO PAI e aínda que de seguro que o celebrastedes con el, eu hoxe quero facerlle una homenaxe a todos os pais que agora están coidando de vós. E vou facelo cun contacontos para os máis pequeniños que nos ofrecen desde a Editorial Kalandraka.
Ana Abeleira cóntanos un conto titulado P DE PAPÁ escrito por Isabel Martíns e Bernardo Carbalho.
Pinchade no imaxe para disfrutalo.

http://www.kalandraka.tv/gl/video/anaconta
 
 
E agora a curtametraxe de hoy. Titúlase REACH
O protagonista viaxa a través do deserto case moribundo, en busca de auga. Pero cando atopa o seu ansiado tesouro fai algo que...
Case mellor que o vexades vós!
 

 

 
 
 
 
 

xoves, 19 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE 4 E CONTACONTOS

Bos días de novo rapaces!!

Hoxe tráiovos outra incrible curta de Pixar titulada PARTLY CLOUDY.
 Os protagonistas son una nube e unha cegoña, que tras ter traballado xuntas creando e levando bebés a mans dos seus pais, entablan amizade sinceira, capaz de superar os obstáculos máis difíciles.


 
E que contacontos imos disfrutar hoxe?
Xosé Ballesteros cóntanos unha historia fermosa da Editorial Kalandraka titulada O COELLIÑO BRANCO que el mesmo adaptou en base a un conto popular portugués ilustrado por Oscar Villán.
Cando o coellíño ía coller coles á horata para facer un caldiño, a cabra cabraza entrou na súa casa e deixouno fóra. Poderá o coelliño recuperar o seu fogar?
 
Pincha sobre a imaxe para disfrutalo.

http://www.kalandraka.tv/gl/video/ballesconta
 
 

mércores, 18 de marzo de 2020

APRENDEMOS A DEBUXAR??

Estaba pensando eu agora mesmo que non podemos esquecernos de esa materia que tanto vos gusta e que nunca queredes perdervos: Educación Plástica.
 
E se practicamos un pouco o de debuxar. Que vos parece a idea?
 
Pero podemos facelo seguindo uns pasiños sinxelos e xa veredes como ides alucinar co doado que pode ser. Pinchade enriba da imaxe e accederedes a un enlace onde podedes aprender a debuxar non só gatos, se non tamén paxaros, peixes, xirafas, abellas, ovellas, cans, bufos, paiasos, tartarugas, pitiños, hipopótamos, monos, coellos, baleas, á Dora a exploradora e incluso a Papá Noel. Animádesvos??
 
https://dibujoypintura.net/imagenes/dibujos-faciles-de-hacer-paso-a-paso-para-ninos/
 
O de darlle cor xa corre a conta vosa, vale?
 

CURTAMETRAXE 3 E CONTACONTOS

Bos días amiguiños e amiguiñas!!

Aquí estou de novo e hoxe traiovos unha nova e preciosa curta de Pixar titulada PIPER.
O seu protagonista é un paxariño con medo a abandoar o seu niño e aventurarse a cazar ameixas na praia. É una historia que fará que reflexionedes sobre a importancia de superar os nosos medos, porque medos témolos todos. Os adultos tamén. Non o esquezades.
 
 
E tamén teño reservada outra cousiña para vós.
Que vos parece un contacontos? Boa idea verdade??
Bea Campos cóntanos unha historia fermosa da Editorial Kalandraka titulada O POLIÑO DA AVEILEIRA escrito por Antonio Rubio.
Pincha sobre a imaxe para disfrutalo
 
http://www.kalandraka.tv/gl/video/beaconta
 

martes, 17 de marzo de 2020

CURTAMETRAXE Nº 2 E UNHA LECTURA

Bos días!

Hoxe traigovos una nova curta. Esta titúlase "El pequeño zapatero".  Espero que vos guste!


 
Tamén quero compartir con vós unha pequena lectura para que entendades mellor todo este problema que estamos vivindo do Coronavirus. Titulase "Rosa contra el virus" e está promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid. Pincha na imaxe para lelo.

https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta
 


luns, 16 de marzo de 2020

CURTAMETRAXES PARA FACER MÁIS LEVADEIROS ESTES MOMENTOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Son Lermiño!!

Seica estes días están ser moi especiais porque non podemos saír da casa. Eu tamén estou metido na miña casiña sen saír (xa sabedes vivo na nosa biblioteca), pois aínda que no monte  o aire é moi puro, alí tamén poden chegar os virus se me atopo con alguén.

Vou aproveitar para ler moitos contos, historias ou libros informativos e espero que vós fagades o mesmo.  
Como sei que vos gustan moito as curtametraxes de animación, vou colgarvos aquí no blog algunha todos os días. Parécevos boa idea?

Pois imos a empezar por a primeira curta. Titúlase Invisible. Espero que vos guste!