infantil e xuvenil máis importantes do século XX. Seguro que a maioría de vós lestes algunha das súas fantásticas historias. Trátase de ROALD DAHL.
Algunhas das súas novelas máis coñecidas son: "As bruxas", "Matilda, "Charlie e a fábrica de chocolate", "O xigante bonachón" e "A marabillosa medicina de George". Moitas delas foron levadas ao cine con gran éxito de taquilla.
O martes día 13 de setembro Roald Dahl cumpriría 100 anos. Escolas, librerías e bibliotecas celebraron a data do nacemento de este autor, que vendeu máis de 100 millóns de libros, por todo o mundo.
Quen non desexou ter os pederes mentales de Matilda? Ou entrar na colorida fábrica de Willy Wonka? Que rapaz rexeitaría agora repartir soños co xigante bonachón durante polo menos unha noite?
Finais inesperados e personaxes rebuldeiros e excéntricos que cuestionan a autoridade, e adultos, que a maior parte das veces, son meros cretinos.
Quenes disfrutamos coa lectura sabemos que esta permítenos "viaxar ao longo do mundo mentras estamos na nosa pequena habitación", como di Matilda, a protagonista dun dos libros máis exitosos de Roald Dahl.
Desde aquí quero lembrarvos que na biblioteca podedes atopar moitos exemplares dos seus libros. Animádevos a lelos porque estou seguro de que vos van a encantar.
Deixovos aquí as portadas dos libros de Roald Dahl para que vaiades escollendo cal queredes ler.
Desde aquí quero lembrarvos que na biblioteca podedes atopar moitos exemplares dos seus libros. Animádevos a lelos porque estou seguro de que vos van a encantar.
Deixovos aquí as portadas dos libros de Roald Dahl para que vaiades escollendo cal queredes ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios serán moderados polo administrador que decidirá se son publicados ou non.