luns, 24 de outubro de 2016

CONCURSO ROALD DAHL

Estes días estades vendo que, no vestíbulo do cole, hai unha exposición de libros de Roald Dahl, o autor do que celebramos o centenario do seu nacemento este ano. 
Hoxe, día 24 de outubro, a nosa Biblioteca convoca o CONCURSO ROALD DAHL. 
Se queredes participar tedes que facer un pequeno traballo de investigación sobre a súa biografía. 
Deberedes buscar a biografía de Roald Dahl na Wikipedia e, na ficha que vos deixamos un pouco máis abaixo (e que teredes cada un de vós), cubriredes os datos que se vos pide sobre a vida e obra de este recoñecido autor. 
Cando a teñades cuberta, poñédelle o nome e botádela na BUZÓN DE RESPOSTAS que estará habilitado no vestibulo. Tedes de prazo para entregar as vosas fichas ata o 23 de xaneiro. 
Entre os participantes, eu farei un sorteo para decidir o gañador entre aqueles que entregárades a ficha ben cuberta. A entrega do premio realizarase o 30 de xaneiro durante as celebracións do DÍA DA PAZ.

mércores, 19 de outubro de 2016

CENTENARIO DO NACEMENTO DE ROALD DAHL

Durante este ano 2016 celébrase o centenario do nacemento dun dos autores de literatura
infantil e xuvenil máis importantes do século XX. Seguro que a maioría de vós lestes algunha das súas fantásticas historias. Trátase de ROALD DAHL
Algunhas das súas novelas máis coñecidas son: "As bruxas", "Matilda, "Charlie e a fábrica de chocolate", "O xigante bonachón" e "A marabillosa medicina de George". Moitas delas foron levadas ao cine con gran éxito de taquilla.
O martes día 13 de setembro Roald Dahl cumpriría 100 anos. Escolas, librerías e bibliotecas celebraron a data do nacemento de este autor, que vendeu máis de 100 millóns de libros, por todo o mundo.
Quen non desexou ter os pederes mentales de Matilda? Ou entrar na colorida fábrica de Willy Wonka? Que rapaz rexeitaría agora repartir soños co xigante bonachón durante polo menos unha noite?
Finais inesperados e personaxes rebuldeiros e excéntricos que cuestionan a autoridade, e adultos, que a maior parte das veces, son meros cretinos.
Quenes disfrutamos coa lectura sabemos que esta permítenos "viaxar ao longo do mundo mentras estamos na nosa pequena habitación", como di Matilda, a protagonista dun dos libros máis exitosos de Roald Dahl.
Desde aquí quero lembrarvos que na biblioteca podedes atopar moitos exemplares dos seus libros. Animádevos a lelos porque estou seguro de que vos van a encantar.
Deixovos aquí as portadas dos libros de Roald Dahl para que vaiades escollendo cal queredes ler.