luns, 19 de decembro de 2022

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

 Ola raparigos e raparigas!!

Esta semana, acompañando ao voso boletín de notas, levaredes unha Guía de Lecturas de Nadal que estou seguro de que vos vai ser moi útil cando escribades esas cartas ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos. Non vos esquezades de pedirlles algún libriño. Xa sabedes que os libros fannos viaxar a outros lugares e momentos sen movernos da casiña!

Déixovola aquí tamén por se acaso a perdedes. Aquí sempre a teredes dispoñible.

Pinchade sobre a imaxe para vela. Podedes poñela a pantalla completa.